Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 04 de novembro de 1997 Páx. 10.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (206/1997).

Anúnciase a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 9 de outubro de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de normalización de predios na zona 8 do SU-10, rúa Domingo Fontán núm. 7 e rúa Manuel Murguía, núm. 1, por petición de Marcelino Fernández Álvarez.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 15 de outubro de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

8373