Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 04 de novembro de 1997 Páx. 10.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación por concurso con procedemento aberto do proxecto de saneamento, iluminación, auga e acceso á Academia Galega de Seguridade, programa operativo local.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. Obxecto do contrato: o saneamento, iluminación, auga e acceso á Academia Galega de Seguridade, incluídas no proxecto base do arquitecto Juan Picáns Villar, mailos m.l. que se poidan ofertar a maiores polos licitadores. Prazo de execución: tres meses.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso. Tipo de licitación: 11.981.039 ptas. Garantía provisional: 239.781 ptas. Garantía definitiva: 479.562 ptas., máis unha garantía complementaria equivalente ó 4% das melloras ofertadas.

Obtención de documentación na Secretaría Xeral. Información chamando ó Concello da Estrada. Tlf: 57 01 65, extensión 15.

Presentación de ofertas: nos trece días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio por ser expediente urxente, na oficina de plicas da Secretaría Xeral, de 9 a13 horas.

Presentación de ofertas en tres sobres: no sobre nº 1 presentarase a documentación que se establece no prego de condicións. Sobre 2: oferta económica adaptada ó modelo. Sobre 3: melloras no proxecto adaptadas ó modelo. Compromiso de reducción do prazo de execución da obra. Referencias de traballo similares.

Apertura, en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte. A valoración do concurso levarase a cabo con posterioridade.

Os pregos íntegros remitiranse por fax ós que o soliciten.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 28 de outubro de 1997.

O alcalde

Rubricado

97-8158