Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 04 de novembro de 1997 Páx. 10.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (196/1997).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 24 de outubro de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana para a implantación dun equipamento comercial na zona 4 do S.U.-21 e zoa 8 do S.U.-27 (Camiño do Bao), por pedimento de UCOSA.

O dito expediente atópase no Departamento de Xestión e Promoción Urbana, Planeamento, sito no terceiro andar da Casa do Concello na Praza Maior número 1, para de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, sometelo a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Ourense, 27 de outubro de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

97-8402