Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 04 de novembro de 1997 Páx. 10.644

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (257/1997).

Eu, José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que nos autos de xuízo executivo nº 257/1997, se dictou sentencia con data do 10 de outubro de 1997, co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

Vistos, por José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado baixo o nº 257 de 1997, entre partes, dunha como demandante, Volkswagen Leasing, S.A., establecemento financeiro de crédito, representado en autos polo procurador García-Píccoli Atanes, asistido do letrado Vázquez Domínguez, e doutra como demandados, Retema S.L. e Luis Ángel Pousa Estévez, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre póliza de crédito.

Decido: con estimación total da demanda executiva, debo dispoñer e ordeno que siga a execución adiante, de forma solidaria, ata facerlle total pagamento á parte demandante e, pola parte demandada a entidade Retema, S.L., e Luis Ángel Pousa Estévez, da cantidade de 1.019.350 pesetas, mailos xuros legais pactados e custas devengadas, que se lle imporán á parte ultimamente referida, e calquera que fose o importe dos dous últimos conceptos para determinar en execución desta resolución.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente nesta instancia, que por rebeldía dos demandados se notificará na forma legalmente disposta se non se pide, dentro dos tres días seguintes a notificación persoal, pronúncioa, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lles sirva de notificación ós demandados, a entidade Retema, S.L., e Luis Ángel Pousa Estévez, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o dez de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

8087