Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Leiro.
Situación: Leiro (Ourense).
Descricións técnicas: liña M.T. subterránea a 20 kV, conductor R.H.V.-12/20 kV-3x95 Al, de 30 m, derivada desde o apoio número 9 existente na L.M.T. aérea Leiro-Lebosende e remata no C.T. proxectado en Leiro de 250 kVA relación de transformación 20.000/380-220 V e rede de baixa tensión de 150 m de lonxitude..
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 19 de setembro de 1997.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
8086