Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación definitiva do proxecto de urbanización plan parcial de Navia (expediente 3992/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 3 de outubro de 1997, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do plan parcial de Navia, conforme a documentación presentada por Xestur Pontevedra, redactada polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, Benito Fernández González, ó que se incorporou, previamente á súa exposición pública, o anexo de correccións das determinacións esixidas no acordo da súa aprobación inicial, establecendo que a pavimentación das beirarrúas será con baldosas de terrazo do tipo utilizado polo Concello e que, durante a realización das obras, Xestur Pontevedra presentará un estudio de regulación do tráfico do enlace das rúas 1a e 4c coa Avda. de Europa, por rede semafórica, sendo por conta da entidade beneficiaria da expropiación o incremento orzamentario que xere a adopción das ditas determinacións.

Vigo, 9 de outubro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

8057