Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.628

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA

ANUNCIO.

Anúnciase a contratación de responsable do departamento de Relacións Institucionais da Fundación Semana Verde de Galicia, que desempeñará a súa función na sede administrativa da fundación, no recinto feiral de Silleda-Pontevedra, a xornada completa, contratación que se someterá ós principios de mérito e capacidade, entre persoas que demostren a súa cualificación profesional. Os interesados terán que remitirlle a fundación, ó Recinto Feiral, s/n, de Silleda (Pontevedra), dentro do prazo dun mes desde a publicación deste anuncio, as súas circunstancias persoais, titulación, e demais circunstancias que atinan ós indicados principios que consideren conveniente relacionar, coa proposta da retribución económica anual bruta que pretendan percibir por tódolos conceptos.

José Maril Sánchez

Presidente da Fundación Semana Verde