Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle da rúa Pracer, número 27, de Vigo.

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 9 de setembro de 1997, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da rúa Pracer, nº 27, conforme a documentación presentada por Alberto González Sáez, ratificada pola entidade Proneiras, S.L., elaborada polos arquitectos Pereiro e Ramilo, visada polo COAG o día 14 de outubro de 1996.

O que se fai público para xeral coñecemento de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Vigo, 1 de outubro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

97-8068