Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTO DO SON

ANUNCIO.

Polo presente anuncio ponse en coñecemento de tódolos interesados que a Corporación Municipal, con data do 5 de setembro de 1997, aprobou inicialmente o estudio de detalle do predio Xesteira, sito en Mariño-Portosín, recollido nas normas subsidiarias de Porto do Son.

O que se participa para que, no prazo de quince días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, poida examinarse o expediente incoado, na secretaría deste concello, das 9 ás 14 horas, para a presentación das alegacións que proceda.

Porto do Son, 25 de setembro de 1997.

Ramón Quintáns Vila

Alcalde

8353