Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOZ

ANUNCIO.

Cumprido o disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, polo presente anuncio faise público que o Pleno Corporativo do Concello de Foz, na súa sesión con data do 4 de outubro de 1997, aprobou definitivamente a modificación puntual do apartado 5.2º das normas subsidiarias de planeamento do concello de Foz.

O teor literal da devandita modificación será publicado no BOP de Lugo, conforme o disposto no citado artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Foz, 15 de outubro de 1997.

José María García Rivera

Alcalde

8069