Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

EDICTO.

Faise público ó abeiro do disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, que aprobado na sesión plenaria do día 9-10-1997, con carácter inicial, o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ares, se abre un período de información pública durante o prazo dun mes, para os efectos de que se poidan efectuar alegacións a este.

Simultaneamente e ó abeiro do artigo 34.2º do citado texto legal, comunícase que tódalas áreas do territorio municipal, ó se teren modificado as determinacións do réxime urbanístico quedan afectadas pola suspensión de licencias a que se refire o artigo 34.1º da citada Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

José Juan Vilasánchez Pazos

Alcalde-presidente

8046