Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 15 de setembro de 1997, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da unidade de actuación para a Avda. de Monelos, Travesía de Monelos e rúa Joaquín Galiacho, presentado por Consolidada de Promotores, S.A.

O que se fai público significando que, contra o acordo que se traslada, cabe interpoñer recurso contencioso administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, deberá comunicárselle previamente a esta Administración municipal o propósito de interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

A Coruña, 6 de outubro de 1997.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda

8180