Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 3 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica expediente sancionador 162/97 (IDX) incoado por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei

30/1992, de 26 de novembro pola presente cédula notifícaselle a empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expte. sancionador en materia laboral e de seguridade e hixiene no traballo.

Faise saber que a dita resolución non remata á vía administrativa e o interesado pode formular contra ela, recurso ordinario no prazo dun mes contado desde a súa publicación ante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Advertíndolle que de non ser interposto, en tempo e forma, e no mesmo prazo terán que aboa-la multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que se atopa na súa disposición na Delegación Provincial da Coruña, no número de conta e na entidade bancaria que nel se sinala, xa que, noutro caso, procederase á exacción pola vía de constrinximento nos termos previstos no artigo 3º da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 e demáis disposicións xerais de aplicación.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1997.

P.S. (Orde 12-9-1997; DOG nº 191, 3-10-1997)

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

ANEXO

Empresa: Talleres Breamo, S.L.

Localidade: Pontedeume, A Coruña.

Nº expediente: 162/97 (IDX). 103/97 (CO). 67/97 (AI).

Data resolución: 21 de abril de 1997.

Precepto infrinxido: artigo 47 e 51 do Estatuto dos traballadores. Artigo 12.1º e 13.2º do Real decreto 17/1977, do 4 de marzo sobre relacións de traballo.

Precepto sancionador: artigo 96.3º do Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, do Estatuto dos traballadores.

Sanción imposta: 1.500.000 ptas.

8341