Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 3 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifican os expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social 300/96 (RO) e dous máis.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia laboral e de seguridade e hixiene no traballo.

Faise saber que as ditas resolucións poñen fin á vía administrativa e os interesados poden formular contra ela recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei de 27 de decembro de 1956, modificada pola de 17 de marzo de 1973, 30 de abril de 1992, e a do 26 de novembro de 1992.

Advírteselles que terán que aboa-la multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que se xuntaba á resolución de instancia, no número de conta e na entidade bancaria que nel se sinala, dentro do prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte á notificación da presente resolución, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1997.

P.S. (Orde 12-9-1997; DOG nº 191, 3-10-1997)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

ANEXO

Empresa: Depuradora M. Rocafort, S.L.

Localidade: Sanxenxo, Pontevedra.

Nº expediente: 300/96 (RO). 80/96 (PO). 31/96 (AI).

Data resolución: 25 de novembro de 1996

Precepto infrinxido: artigo 29.1º do Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o Estatuto dos traballadores.

Precepto sancionador: artigo 96.1º do Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o Estatuto dos traballadores.

Sanción Imposta: 500.100 ptas.

Empresa: Siomos, S.L.

Localidade: Vigo, Pontevedra.

Nº expediente: 311/96 (RO). 158/96 (PO). 1830/95 (AI).

Data resolución: 17 de abril de 1997.

Precepto infrinxido: artigo 22 e 23, en relación co artigo 151.1º da O.M. 9-3-71 pola que se aproba a ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo.

Precepto sancionador: artigo 11.4º da Lei 8/1988, do 7 de abril.

Sanción imposta: 800.000 ptas.

Empresa: Construcciones Maroño, S.L.

Localidade: Ferrol, A Coruña.

Nº expediente: 55/97 (RO). 216/96 (CO). 151/96 (AI).

Data resolución: 28 de abril de 1997.

Precepto infrinxido: artigo 20, 39 e 40 da OM 9-3-1971 pola que se aproba a ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo.

Precepto sancionador: artigo 10.9º da Lei 8/1988, do 7 de abril.

Sanción imposta: 100.200 ptas.

8122