Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/99-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. da rúa Salvador Dalí (Ourense).

Situación: r/ Salvador Dalí (Ourense).

Descricións técnicas: liña soterrada de 20 kV conductor R.H.V.-12/20 kV-3x150 Al, de 120 m de lonxitude, desde a L.M.T. existente no C.T. Gal. El Couto-C.T. estadio-1, ata o C.T. proxectado en local da rúa Salvador Dalí, de 630 kVA R.D.T. 20.000/380-220 V e R.B.T. de 130 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 2 de outubro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8081