Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/98-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Estrada da Granxa.

Situación: Ourense (Ourense).

Descricións técnicas: liña M.T. soterrada a 20 kV conductor R.H.V.-12/20 kV-3x150 Al, de 540 m de lonxitude, derivada desde a arqueta existente na

L.M.T. a C.T. de Lumieira e remata no C.T. proxectado da estrada da Granxa, na rúa Pena Nofre, de 630 kVA Rel. de Transf. 20.000/380-220 V, e R.B.T.S. proxectada de 390 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 19 de setembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8082