Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/102-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de San Rosendo II.

Situación: urbanización calle San Rosendo (Ourense).

Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV, de 170 m de lonxitude, conductor R.H.V.-12/20 kV-3x150 Al que se deriva da liña soterrada a C.T. San Rosendo (existente) e remata no C.T. proxectado no portal nº 17 da Urbanización San Rosendo, de 630 kVA, R.D.T. 20.000/380-220 V e rede de baixa tensión soterrada do C.T. San Rosendo II, de 28L M.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 2 de outubro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8080