Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 1997 Páx. 10.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO relativo á información pública da aprobación definitiva do proxecto de construcción da segunda fase do anel da Eiriña.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día trinta e un de xullo do mil novecentos noventa e sete, prestou aprobación definitiva ó proxecto de construcción da segunda fase do anel da Eiriña, redactado polo enxeñeiro de camiños, Gerardo Pallarés Sánchez.

O que se fai público para a súa executividade; sinálase que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte ó desta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida interpoñer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 16 de outubro de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

8067