Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 1997 Páx. 10.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

Declarado deserto polo Pleno da Corporación Municipal, en sesión con data do 18 de xullo de 1997 o concurso convocado para a selección de proxectos, construcción e explotación de estacionamento para vehículos no Cavadelo, convócase novamente.

1. Obxecto do contrato. É a selección de proxectos, construcción e explotación de estacionamento para vehículos no Cavadelo.

2. Tipo de licitación. O concursante ofrecerá, na súa proposición, un canon anual mínimo para aboarlle ó Concello de Vilagarcía de Arousa.

3. Prazo da concesión. O prazo total da concesión será de 75 anos, a partir da data de remate das obras e recepción provisional destas.

4. Garantías provisional e definitiva. A garantía provisional para participar no concurso será de 1.000.000 de ptas.

A fianza definitiva fíxase no 4% do orzamento de execución material das obras. En canto á explotación, constituirase unha fianza definitiva por importe de 3.000.000 de ptas.

5. Proposicións. As proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (secretaría xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días hábiles contados a partir do día seguinte ó da inserción do anuncio de licitación no Boletín Oficial del Estado.

As proposicións axustaranse ó modelo que consta no prego de condicións.

6. Documentación. Os licitadores, xunto coa súa proposición, achegarán a documentación a que se refire a cláusula XIII do prego de condicións e nos sobres que figuran nesta.

7. Apertura de plicas. Terá lugar no salón de sesións do concello ás 13.30 horas do día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

8. Prego de condicións. Están á disposición dos interesados na secretaría da Casa do Concello, tódolos días laborables, durante as horas de oficina, agás os sábados.

Vilagarcía de Arousa, 15 de outubro de 1997.

Joaquín J. Gago López

Alcalde