Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 1997 Páx. 10.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOURENZÁ

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Lourenzá, en sesión celebrada o día 22 de outubro de 1997, e despois da exposición pública, acordou, á vista do informe do Ministerio de Fomento, unha nova modificación de carácter substancial en relación co documento inicialmente aprobado (sesión plenaria do 9-6-1997) sobre modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal.

Polo tanto e de conformidade co disposto no artigo 43 da vixente Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o expediente de novo a información pública.

O que se fai público polo prazo dun mes para que os interesados poidan examina-lo expediente e presentaren as reclamacións que consideren oportunas.

Lourenzá, 22 de diciembre de 1997.

Fe Rodríguez Rocha

Alcaldesa

8296