Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 1997 Páx. 10.595

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 2 de outubro de 1997, adoptou o seguinte acordo:

«Aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle da UA nº 30, promovido por propietarios de terreos no ámbito e redactado polos arquitectos Luis María e Beatriz Vázquez Arcay, que ten por obxecto adaptar e reaxustar aliñacións e establecer rasantes nas vías definidas no PXOU completando a rede de comunicacións coas vías interiores necesarias para darlles acceso ós edificios e ordena-los volumes».

Durante o prazo dun mes contado desde a última das publicacións deste anuncio (DOG ou xornal),

poderá ser examinado o documento inicialmente aprobado e formularse as alegacións que se consideren convenientes.

Culleredo, 6 de outubro de 1997.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

8295