Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 1997 Páx. 10.595

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERCEDA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 14 de outubro de 1997, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de Cerceda na aliñación dereita da estrada LC-402 no núcleo urbano da Silva.

En virtude do establecido no artigo 42.1º da Lei do solo de Galicia, procédese, mediante a publicación deste anuncio, á apertura dun período de exposición pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ó de aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cerceda, 22 de outubro de 1997.

José García Liñares

Alcalde

8070