Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 1997 Páx. 10.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1997 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso de proxecto e construcción procedemento aberto, das obras que se citan. (Clave OH.332.320 e dúas máis).

A) Obra.

1. Colectores e EDAR na Arnoia (Ourense).

Clave: OH.332.320.

Orzamento: noventa millóns de pesetas (90.000.000).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c. Grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Saneamento de Silleda (Pontevedra).

Clave: OH.336.375.

Orzamento: douscentos oitenta millóns de pesetas (280.000.000).

Prazo de execución: 30 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d. Grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

3. EDAR de Moscoso (Pazos de Borbén-Pontevedra).

Clave: OH.336.376.

Orzamento: vintedous millóns de pesetas (22.000.000).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de bases, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do Art. 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día 12 (doce) de decembro de 1997.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día 22 (vintedous) de decembro de 1997.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia

8276