Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 1997 Páx. 10.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do PXOU para a recualificación da parcela I3-C da urbanización de Monte Porreiro, con destino a igrexa católica e centro parroquial e residencial, e publicación da normativa.

O Pleno da Corporación, en sesión do 25-9-1997, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestarlle aprobación definitiva ó documento refundido do proxecto de modificación puntual do PXOU para a recualificación da parcela I3-C da urbanización de Monte Porreiro para a súa división nas parcelas I3C1 e I3C2 con destino á construcción dunha igrexa católica e centro parroquial e residencial, sendo formulado este documento de modificación do planeamento de ordenación integral do municipio por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe do Servicio Municipal de Xestión e Disciplina Urbanística, ó recollerse as alegacións formuladas na exposición pública do proxecto polo párroco da igrexa do Bo Pastor e adecuarse a parcela I3C1 á realidade física imposta pola urbanización do parque ou xardíns da urbanización de Monte Porreiro, circunstancias estas que, como se reflectiu e motivou nos antecedentes e fundamentos de dereito citados, carecen do carácter ou natureza de substanciais.

Segundo.-Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia, con comunicación ás entidades interesadas e traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dunha copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados, dispoñéndose a publicación das normas e ordenanzas da modificación

no BOP para logra-la súa eficacia e executividade, de acordo co establecido na Lei 39/1994, do 30 de decembro, pola que se modifica o artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte ó desta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 1 de outubro de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

8051