Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 1997 Páx. 10.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de compensación da unidade de actuación número 17-B do PXOU na rúa Irmáns Nodales e Avenida das Corbaceiras.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 25-9-1997, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación definitiva ó proxecto de compensación da unidade de actuación número 17-B, situada entre a rúa Irmáns Nodales e Avenida das Corbaceiras, formulado pola xunta de compensación deste ámbito especial, coa finalidade de proceder á súa xestión e execución urbanística, determinándose que o aproveitamento urbanístico non patromonializable pola propiedade dos terreos da unidade se materialice nun local en planta baixa á da futura edificación dunha superficie de 68,29 m, co acabado de obra descrito polo arquitecto xefe do Servicio Municipal de Xestión e Disciplina Urbanística no seu informe do 22-9-1997 que se incorpora a este acto.

Segundo.-Dispor que, de acordo co apartado anterior, a xunta de compensación de unidade de actuación número 17-B redacte un proxecto de compensación refundido no que se recolla a materialización do aproveitamento urbanístico non patrimonializable pola propiedade dos terreos, segundo a compensación elixida por este órgano de goberno municipal, debéndose practica-las pertinentes correccións na documentación literal e gráfica. Unha vez emitido informe favorable polo Servicio Municipal de Xestión Urbanística este documento refundido, perfeccionarase por medio de resolución da Alcaldía, impulsándose a súa formalización do modo esixido no seguinte apartado deste acto.

Terceiro.-Determinar que a formalización do proxecto de compensación de carácter refundido se efectúe en documento administrativo coas solemnidades e requisitos dispostos para as actas dos acordos deste concello co contido legalmente esixido, ou ben mediante escritura pública se así o prefire a xunta de compensación e por conta desta. En calquera caso, o documento en que se formalice será inscrito no Rexistro da Propiedade, logo de protocolización notarial deste, sendo ámbalas obrigas por conta da xunta.

Cuarto.-Incorpora-los terreos desta unidade de actuación número 17-B de cesión obrigatoria, en pleno dominio e completamente libres de cargas e gravamens, ó patrimonio municipal e inventario de bens e á súa afectación ós usos previstos polo planeamento.

Quinto.-Ordenar que o Servicio Municipal de Arquitectura e Urbanismo vixile, unha vez aprobados definitivamente os proxectos técnicos precisos, a execución das obras e instalacións, de conformidade cos instrumentos urbanísticos sucesivamente aprobados por esta Administración municipal.

A cesión entenderase sen prexuízo do dereito de ocupación para procederse á execución das obras, tendo que efectuarse a cesión e entrega da urbanización nun prazo non superior a tres meses contado desde a recepción definitiva pola propiedade, formalizándose esta en actas que subscribirán este concello e os citados propietarios.

Sexto.-Publica-lo presente acto administrativo no taboleiro de anuncios deste concello, Diario de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia e notificárllelo individualizadamente ós interesados con comunicación de testemuño deste á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Recursos procedentes:

Contra a precedente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte ó desta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen perxuízo de que poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 3 de outubro de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

97-8263