Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 1997 Páx. 10.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/121-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Sestelo y Cía.

Enderezo social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. na rúa Alcázar de Toledo-edificio Dismareate.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15/20 kV, de 40 m de lonxitude, desde a L.M.T. Ponteareas ata o C.T. que se proxecta no edificio Dismareate, na rúa Alcázar de Toledo, nº 13, entre os CC.TT. A Fonte e Lumola, concello de Ponteareas. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15/20 kV-380/220 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas con

dicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 9 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8040