Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 1997 Páx. 10.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/102-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda.

Enderezo social: apartado, 6, 36080 Silleda.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Chouza Grande-Ponte.

Situación: Silleda.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 190 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde a L.M.T. Silleda-Ponte ata o C.T. que se proxecta en Chouza Grande-Ponte, concello de Silleda. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20/24 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 620 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 10 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8038