Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Sestelo y Cía.
Enderezo social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: L.M.T. Celeiros-Soutelo.
Situación: Ponteareas.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 15/20 kV, de 1.130 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o C.T. existente de Celeiros rematando no C.T. existente de Soutelo, concello de Ponteareas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 9 de outubro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
8041