Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 1997 Páx. 10.530

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1997, da Mesa da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia, pola que se ordena a publicación da modificación da relación de postos de traballo do Valedor do Pobo.

A Mesa da Deputación Permanente, na súa reunión do día 9 de outubro de 1997, de acordo co previsto no artigo 10.2º da Lei 6/1984, do 5 de xuño, do

Valedor do Pobo, -parcialmente modificada pola Lei 3/1994, do 18 de xullo-, acordou aproba-la modificación da relación de postos de traballo do Valedor do Pobo (aprobada pola Mesa do Parlamento na súa reunión celebrada o 6 de febreiro de 1996), proposta polo Valedor do Pobo e consistente na creación dunha praza de conductor-ordenanza desa institución, coa seguinte configuración:

Unidade orgánica: servicios administrativos.

Denominación do posto: conductor-ordenanza.

Nivel de CD: 13.

Complemento específico: 1.675.982.

Tipo de posto: N (non singularizado).

Forma de provisión: LD (libre designación).

Grupo: E.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Observacións: permiso de conducir clase B2.

O que se publica conforme o establecido no artigo 25.3º da Lei 4/1988, do 26 de maio, de función pública de Galicia e para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ó desta publicación.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1997.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

8197