Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 1997 Páx. 10.527

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta de adaptación do contido da disposición final cuarta -mellora de emprego- do convenio colectivo da empresa Allibert Industria, S.A. de Ourense.

Visto o texto da acta levantada pola comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Allibert Industria, S.A. (código de convenio nº 3200442) de Ourense para o ano 1997, publicado no DOG nº 112, do 12 de xuño de 1997, con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, subscrita en representación da parte económica, pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa, en reunión celebrada o día 16-7-1997, para darlle cumprimento ó disposto na disposición final cuarta -mellora de emprego- do citado convenio, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial,

con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 21 de agosto de 1997.

Manuel A. Cao Fernández

Delegado provincial Acctal. de Ourense

Acta de adaptación do contido da disposición derradeira cuarta (mellora de emprego) do convenio colectivo de Allibert Industria, S.A.

fábrica de Ourense

Comisión negociadora.

Asistentes:

-Pola representación da empresa:

César Alberte Alberte.

José Manuel González Tizón.

-Pola representación do comité de empresa:

José Manuel Marra Fernández.

Manuel Núñez Boimorto.

Delmiro Rodríguez Meiriño.

Jesús Formigo Quesada.

Rogelio Iglesias Pascual.

Emilio Pernas Fernández.

En San Cibrao das Viñas, ás 12 horas do día 16 de xullo de 1997, reunidos os anteriormente relacionados, todos eles membros da comisión negociadora do convenio colectivo de Allibert Industria, S.A. fábrica de Ourense, acordan darlle cumprimento ó disposto na disposición derradeira cuarta do convenio colectivo para o ano 1997 aprobado con data do 28 de abril de 1997 e publicado no Diario Oficial de Galicia con data do 12 de xuño de 1997, segundo segue:

Ámbalas partes, ó abeiro do Real decreto lei 8/1997, do 16 de maio, e conforme o principio de contribuír á competitividade da empresa, á mellora de emprego e á reducción da temporalidade e rotación deste, chegan ós seguintes acordos:

1. Definición e natureza dos contratos.

Por razón da permanencia ó servicio da empresa, os traballadores clasificaranse en:

-Fixos.

-Interinos.

-Temporais.

1.1. Son traballadores fixos os vinculados á empresa en virtude dun contrato de traballo celebrado por tempo indefinido de forma verbal ou escrita.

1.2. Son traballadores interinos os que substitúen a un traballador durante a súa ausencia por causas de enfermidade (IT), servicio militar, prestación social substitutoria e outras de natureza análoga que obriguen a empresa a reserva-la súa praza ausente.

1.3. Son traballadores temporais os vinculados á empresa por un contrato de duración determinada de natureza conxuntural, estructural ou formativa.

Os contratos de duración determinada por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, regulados polo Real decreto lei 8/1997, do 16 de maio, poderán ter unha duración máxima de 9 meses, dentro dun período de 12 meses, contados a partir do momento no que se produzan as ditas causas, todo iso por remisión expresa o artigo 13, apartado 1 do XI Convenio Xeral da Industria Química 1997/1998.

Os contratos de duración determinada para a realización dunha obra ou servicio determinado, unha vez identificados os sectores con substantividade propia no ámbito da empresa, acórdase que estes sexan de aplicación ós traballadores que desenvolvan a súa actividade nas áreas relacionadas coa industrialización e producción de pezas e conxuntos, destinados ós vehículos X64 de Renault e M49 ou N6 de Citroën.

Ámbalas partes comprométense a fixar anualmente os criterios xerais relativos á adecuada relación entre o volume destas dúas modalidades contractuais e o cadro de persoal total da empresa, en atención ó carácter estacional conxuntural ou estructural da actividade, no que as ditas circunstancias se poidan producir, co obxecto de poder levar a cabo unha mellor adecuación dos recursos humanos á productividade da fábrica.

Estes acordos aplicaranse ós traballadores contratados baixo estas modalidades a partir do 1-10-1997.

No suposto de que algunha autoridade invalidase a cláusula do convenio xeral da industria química, á que se fixo remisión, o apartado 1.3 referente a contratos de duración determinada por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, quedarán sen efecto.

Igualmente, acórdase remitirlle a presente acta á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para o seu rexistro e orde de publicación.

Sen máis asuntos que tratar, unha vez lida e asinada a presente acta polos asistentes, levántase a sesión.

6781