Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 1997 Páx. 10.459

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (181/1997-M).

En cumprimento do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, Ángel Pantín Reigada, en providencia dictada no día da data, no xuízo de faltas nº 181/1997-M, tramitado por insultos, cítase a Rodolfo Antonio de la Fuente Valderrama, en paradoiro descoñecido, para o próximo día 21 de novembro ás 11 horas, co fin de que compareza en calidade de denunciado, perante a sala de audiencia nº 4 deste xulgado, sita na primeira planta do Pazo de Xustiza das Fontiñas, Santiago de Compostela, co fin de asistir á celebración do

correspondente xuízo, coa advertencia de que de non comparecer recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito e de que deberá ir provisto do DNI e os medios de proba dos que intente valerse.

En Santiago de Compostela o 8 de outubro de 1997.

A secretaria

Rubricado

7468