Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 1997 Páx. 10.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 1997, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público aberto, pola tramitación de urxente, para a contratación da execución dun edificio para o Instituto Galego de Estatística (IGE) e outro para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación das seguintes obras:

1. Entidade adxudicadora.

A) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

B) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

C) Nº de expediente: 6/97.

2. Obxecto do contrato.

A) Tipo de contrato: obras.

B) Descrición do obxecto: construcción de dous edificios, un para o Instituto Galego de Estatística e outro para o Instituto Galego de Promoción Económica.

C) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 28 de maio de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

A) Tramitación: urxente.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: seiscentos vinteoito millóns trescentas trinta e oito mil oitocentas pesetas (628.338.800) co IVE incluído.

-Lote 1 (IGE): 224.755.338.

-Lote 2 (Igape): 403.583.462.

5. Adxudicación:

A) Data: 11 de agosto de 1997.

B) Contratista:

-Lote 1 (IGE): Teconsa.

-Lote 2 (Igape): Teconsa.

C) Nacionalidade: española.

D) Importe de adxudicación: cincocentos dezaoito millóns duascentas cincuenta e tres mil oitocentas corenta e dúas pesetas (518.253.842), IVE incluído.

-Lote 1 (IGE): 187.037.812.

-Lote 2 (Igape): 331.216.030.

Santiago de Compostela, 16 setembro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

8143