Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 1997 Páx. 10.459

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (171/1997).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, e de conformidade coa providencia dictada con esta data, nos autos de separación conxugal (5*) 00171/1997, seguidos por instancia de Mª del Carmen Vidal Sánchez, representada pola procuradora Concepción Peleteiro Bandín (de oficio), contra Juan Oliveira González, maior de idade, casado, de quen se ignora o seu actual domicilio e paradoiro e na providencia do cal se acordou empraza-lo referido demandado para que no termo de vinte días, compareza nestes autos, en legal forma e contestando a demanda presentada, coa prevención de que se non comparece será declarado rebelde e recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito.

E para a súa inserción no DOG e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado, para que lle sirva de emprazamento en legal forma ó demandado referido, expido o presente edicto en Ribeira o tres de outubro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

7987