Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 1997 Páx. 10.458

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO SEIS DE XIXÓN

CÉDULA de notificación (686/1996).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Auto. Pablo Martínez-Hombre Guillén. En Xixón o seis de outubro de mil novecentos noventa e sete.

Feitos:

Primeiro.-Que a procuradora Ana Romero Canellada, en nome e representación de Grupo Duro Felguera, S.A., formula demanda de xuízo executivo que foi rexistrado co nº 686/1996 contra Salmón Atlántico de Galicia, S.A., Seur Guipúzcoa, S.A., Seur Asturias, S.A. e Seur Mallorca, S.A., en reclamación de 35.500.000 pesetas máis 81.656 pesetas de gastos de devolución e a cantidade de 8.500.000 pesetas, para xuros e custas, despachada execución por auto de data 28 de outubro de 1996, contra os bens do demandado, polas cantidades reclamadas.

Segundo.-Que a dita procuradora, en representación da demandante, presentou escrito xuntando letras de cambio por importe de 35.940.000 pesetas, correspondentes a un novo prazo vencido antes de terse dictado sentencia de remate e con posterioridade á interposición da demanda, solicitando a ampliación da execución e incluíndo o dito importe, así como a cantidade de 224.809, fixadas prudencialmente para custas e gastos.

Vistos o dito artigo e demais de xeral e pertinente aplicación.

Parte dispositiva:

Amplia-la execución despachada contra os bens da demandada, Salmón Atlántico de Galicia, S.A., Seur Guipúzcoa, S.A., Seur Asturias, S.A., e Seur Mallorca, S.A., pola cantidade de 35.940.000 pesetas, importe dun novo vencemento, así como a cantidade de 224.809 pesetas de gastos.

Debe practicarse o embargo dos avalistas Seur Guipúzcoa, S.A., Seur Asturias, S.A., e Seur Palma de Mallorca, S.A., un tercio do total reclamado, cun importe que ascende a 12.054.936, cada un deles.

Para que o acordado teña lugar, expídase edicto para a notificación do demandado, Salmón Atlántico de Galicia, S.A., e ós outros demandados notifíqueselles esta resolución na súa procuradora Gabriela García Undina.

Acórdao e asínao o maxistrado xuíz, dou fe. O maxistrado xuíz. O/a secretario/a».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado, Salmón Atlántico de Galicia, S.A., expídese a presente cédula para que sirva de notificación.

Xixón, seis de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O/A secretario/a

Rubricado

7986