Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 1997 Páx. 10.458

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO SEIS DE XIXÓN

CÉDULA de citación de remate (686/1996).

En virtude do acordado en resolución desta data, nos autos de referencia, pola presente cítase de remate o devandito codemandado, Salmón Atlántico de Galicia, S.A., co fin de que dentro do termo improrrogable de nove días hábiles se opoña á execución contra este despachada, se lle conviñer, comparecendo nos autos por medio de avogado que o defenda e procurador que o represente, apercibíndoo que de non verificalo será declarado en situación de rebeldía procesual e que recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito. Faise constar expresamente que, por descoñecerse o paradoiro do codemandado, se practicou embargo sobre bens da súa propiedade que a continuación se detallan, sen previo requirimento de pagamento.

Principal: trinta e sete millóns cincocentas mil pesetas.

Xuros, gastos e custas: oito millóns, cincocentas oitenta e unha mil seiscentas cincuenta e seis pesetas.

Bens que se van embargar:

1. Concesión administrativa sobre predio 6.751 do rexistro de Corcubión, no tomo 607, folio 208, situado en no Cabo Vilano, Camariñas, A Coruña.

2. Saldos ó seu favor perante a Facenda Pública da Coruña.

En Xixón, 31 de xullo de 1997.

O/A secretario/a

Rubricado

7982