Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 1997 Páx. 10.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de apertura e urbanización das rúas Blanco Amor e Fontesanta sobre parcela AD do PXOU.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o vintedous de setembro de mil novecentos noventa e sete, acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de apertura e urbanización das rúas Blanco Amor e Fontesanta sobre parcela AD do PXOU, promovido mediante iniciativa particular por Complejo Campolongo, S.L., e redactado pola arquitecta Mercedes Maquieira Miguens, visado pola Delega

ción en Pontevedra do COAG con datas do 18-7-1996, 29-10-1996, 14-11-1996 e 11-6-1997, documentos estes tres últimos que reforman e anulan os correlativos da documentación anterior.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte ó desta publicación, logo da comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 1 de outubro de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

8017