Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 1997 Páx. 10.440

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MUSEO DO POBO GALEGO

ANUNCIO de bolsa de colaboración de educador de museo.

O Museo do Pobo Galego convoca unha bolsa de colaboración para o departamento de Educación e Acción Cultural.

Concursantes: licenciados ou diplomados universitarios, con titulación non anterior ó ano académico 1992-93.

Duración: 1 de decembro de 1997 a 30 xuño de 1998, ambos inclusive.

Dedicación: 30 horas semanais.

Retribución: 99.484 ptas. mensuais brutas.

Prazo de solicitude: 10 días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As bases están expostas no taboleiro de anuncios do Museo do Pobo Galego.