Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 1997 Páx. 10.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de estudio de detalle.

A Acaldía-Presidencia, o 19 de setembro de 1997, aprobou inicialmente o estudio de detalle de iniciativa particular, promovido por José Luis Rivadulla e Horacio Gomes, que ten por obxecto a ordenación de volumes en Vilameán, segundo a documentación redactada polos arquitectos José Luis Pereiro Alonso e Borja Ramilo Méndez.

Ó mesmo tempo acordou a suspensión das licencias no expresado ámbito, ata a aprobación definitiva.

Durante o prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá ser examinado o expediente por calquera persoa e formula-las alegacións que procedan.

Nigrán, 19 de setembro de 1997.

José Villar Pereira

Alcalde

7897