Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 1997 Páx. 10.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día catorce de outubro de mil novecentos noventa e sete, aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Celanova para axusta-lo solo urbanizable non programado destinado a futuro parque empresarial.

Contra ese acordo, que é definitivo en vía administrativa, pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio. A interposición do recurso requirirá comunicación previa a esta corporación.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Celanova, 16 de outubro de 1997.

Antonio Mouriño Villar

Alcalde

7858