Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 1997 Páx. 10.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno do Concello, con data do 26 de setembro de 1997, a modificación puntual da norma, no ámbito de Monte Carrasco-Darbo, promovida polo propio concello e que ten como finalidade a recualificación dunha parcela de 4.000 m actualmente clasificada como solo non urbanizable de especial protección de espacios naturais, que se proxecta destinar a equipamento asistencial de carácter privado, sométese a información pública, por un período dun mes, para efectos de reclamacións, contado desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio, no DOG, de conformidade co estipulado polo artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Cangas, 14 de outubro de 1997.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde

8181