Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 1997 Páx. 10.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/107-3 A.T.).

L.M.T., C.T. e R.B.T. Facheiros, Laxe, A Venda, concello de San Cibrao das Viñas (Ourense).

Entidade beneficiaria: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Por resolución desta delegación provincial do 7 de xullo de 1997 (DOG do 14-8-1997), foi autorizada e declarada de utilidade pública a instalación da liña eléctrica citada no encabezamento, elo coas consecuencias establecidas no artigo 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de Ordenación do Sistema Eléctrico Nacional, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación ós efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Xa que logo faise saber ós titulares dos predios que se conteñen na relación que se publicou no

DOG de data 2 de abril de 1997, que se expón actualizada no taboleiro de edictos da Casa do Concello de San Cibrao das Viñas, ós que se lles practicará notificación ó efecto, que de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, o representante da Administración acompañado dun perito constituiranse nos predios o día 6 de novembro, a partir das 12 horas, para a toma de datos e o levantamento, a continuación na sinalada casa do concello, das actas previas á ocupación. Naquelas describiranse os bens obxecto de imposición de servidumes e farase consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados.

Os interesados poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, a súa costa, e, segundo establece o artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957, formular por escrito diante deste organismo expropiante, alegacións ós solos efectos de subsanar posibles erros que se padeceran ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 22 de setembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

7925