Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 1997 Páx. 10.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/69-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. Sabarís-Palomas e reforma C.T. Burgo II.

Situación: Baiona.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 124 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, desde un apoio existente da L.M.T. 42.22 rematando no C.T. Sabarís-Convento. L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 1.550 m con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. ó C.T. Sabarís-Convento, rematando no C.T. area. L.M.T., a 20 kV, subterránea, de 680 m con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Santa Marta rematando no C.T. gasolineira. L.M.T., a 20 kV, de 300 m con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Burgo II rematando no C.T. Palomas. Concello de Baiona. Reforma C.T. Burgo II cunha cela CML-SF6.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 11 de setembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7930