Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se fai público o acordo de iniciación do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos 423/1997.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se mencionan a continuación os acordos de iniciación dos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

Nº de expediente: 423/1997.

Denunciado: Agustín Camino Mujico.

DNI: 32.280.259.

Enderezo: rúa Betanzos, 58-baixo. 15704 Santiago de Compostela.

Establecemento: Bar Cristela.

Precepto infrinxido: artigo 26 e) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei 1/1992.

Sanción prevista: multa de ata 50.000 ptas.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29 1º d) da LOSC.

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 8, 13 e 16 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (R.D. 1398/1993, do 4 de agosto) conta cun prazo de 15 días hábiles contados desde a publicación para exercer ante a instructora Elena Salleres Carnero, xefa da Sección de Sancións, o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examina-lo expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exerce-lo dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sita en Fernando Macías, 18-1º A Coruña.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A Coruña, 25 de setembro de 1997.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

7862