Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o acordo de iniciación do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos 329/1997.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se mencionan a continuación os acordos de iniciación dos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

Nº de expediente: 329/1997.

Denunciado: José Enrique Villaverde Lagares.

DNI: 76.363.367.

Enderezo: Lg. de Mondayo, 3, Ordes.

Establecemento: Wisquería Boneym.

Precepto infrinxido: artigo 23 n) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei 1/1992.

Sanción prevista: 75.000 ptas.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da LOSC.

A resolución dictouse de acordo cos artigos 137 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e 20 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, e contra ela poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais no prazo dun mes contado a partir da recepción da presente. Advírtese que de non interpoñer o recurso en tempo e forma deberá aboa-la multa nunha entidade bancaria mediante a utilización do impreso que poderá recoller nas dependencias desta delegación provincial, dentro dos quince días seguintes ó da data de remate do prazo para recorrer esta resolución, procedéndose no caso contrario á exacción pola vía de constrinximento, nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 22 de maio de 1987.

A Coruña, 26 de setembro de 1997.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

8138