Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Coruñesa de Informática (Acinfo).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositados, ás 12 horas do día 23 de setembro de 1997, a acta de constitución e os estatutos da Asociación Coruñesa de Informática (Acinfo), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: empresarios, tanto persoas físicas como xurídicas, que desenvolvan actividades relacionadas coa informática.

Asinan a acta de constitución: Mª Isabel Cañas Barbeito e seis persoas máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 23 de setembro de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

7861