Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional de Representantes de Espectáculos de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional de Representantes de Espectáculos de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer a devandita asociación tódalas persoas con nacionalidades correspondentes á Unión Europea, que exerzan profesionalmente en Galicia a representación artística baseada no mandato civil e arrendamento de servicios, que reúnan os requisitos do artigo 8 dos estatutos, entre eles o de residencia en Galicia.

Asinan a acta de constitución: Alfonso Lesta Castelo e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1997.

P.S. (Orde 12-9-1997)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

7863