Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos da Confederación Intersindical Galega (CIG).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, presentouse o día 16 de setembro a acta do II Congreso da Confederación Intersindical Galega (CIG), celebrado en Santiago de Compostela os días 31 de maio e 1 de xuño de 1997, na que se recollen as modificacións estatutarias aprobadas no devandito congreso, e que consisten nunha nova redacción dos estatutos.

Asinan a acta do II Congreso da CIG a secretaria, co visto e prace do presidente e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1997.

P.D. (Orde 12-9-1997)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

7663