Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Empresas de Servicios Forestais de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresas de Servicios Forestais de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas empresas privadas con implantación en Galicia, e cooperativas con domicilio social en Galicia, que teñan por actividade a creación e/ou conservación de zonas forestais e con capacidade técnica suficiente.

Asinan a acta de constitución: Carlos Reboreda Sousa, en representación da empresa Reboreda, S.L.,

e oito persoas máis en representación doutras empresas.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

7662