Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos novos estatutos da Asociación de Empresarios de Ferrolterra que en virtude da dita modificación no sucesivo denominarase Asociación de Empresarios Ferrolterra.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, ás 12 horas do día 3 de setembro foron depositados a acta de modificación e os novos estatutos da Asociación de Empresarios de Ferrolterra que en virtude de a dita modificación no sucesivo denominarase Asociación de Empresarios Ferrolterra.

A modificación consiste nos artigos 1, 2, 5, 6 e), 15 parágrafo segundo, 16, 17 parágrafo terceiro, 18 c), 20, 22, 23, 26, 27 a), 28, 32 parágrafo primeiro e 34 parágrafo primeiro.

Asinan a acta de modificación e os novos estatutos: Ángel M. García López (presidente) e Manuel Villadóniga Amor (secretario).

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 3 de setembro de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

7398