Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de disolución da Asociación de Mariscadoras e Mariscadores da Enseada, da Malata e A Cabana.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, ás 12 horas do día 25 de agosto de 1997 foi depositada a acta de disolución da Asociación de Mariscadoras e Mariscadores da Enseada, da Malata e A Cabana.

Asinan a acta de disolución: Eva Cernada Bouza (presidenta) e Mª Isabel Ramos Serantes (secretaria).

A acta depositada poderá ser examinada por calquera persoa interesada.

A Coruña, 1 de setembro de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

7315